Un encontro que comezou coa entrega de premios do concurso de debuxo dixital. Este ano proponse aos máis pequenos que debuxen, baixo a súa propia perspectiva, como é a súa contorna, cheo de cor e de vida, grazas á auga potable que chega ás súas casas, parques, cidades, etc. Preténdese chamar a atención sobre a importancia de dispoñer de auga en calidade e cantidade e sobre o traballo que supón tomar a auga da natureza e levala ata os seus fogares.
“O obxectivo deste concurso, que xa vai por dezasete edicións, é o de aprender dunha forma divertida cal é o ciclo integral da auga e concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de realizar un consumo responsable dun ben tan prezado como é a auga. Nesta edición, os nenos e nenas plasmaron o seu coñecemento sobre como chega a auga ata a billa nun entorno dixital, xa que tiñan todos os materiais ao seu alcance na páxina www.augaparagrifus.gal. En definitiva, trátase de aprender xogando” asegura José María Ardoy, Director de Aqualia en Vigo.
Os nenos deixaron voar a súa imaxinación creando cidades con depuradoras de auga, potabilizadoras, decantadores.. destacando en todo momento a presenza da natureza e un entorno verde. O certame contou con máis de 8.000 participacións en toda España e dos 10 gañadores individuais atópase un escolar vigués:
Jorge Pintor Rodríguez CEIP Sobreira de Valadares
E 11 escolares vigueses recibiron o premio finalista:
Melania Barciela Fernández Colexio Losada
Victoria Pérez Montes CEIP García Barbón
Kevin Tombo Gómez Colexio Possumus
Anaís Flores Alonso CEIP Illas Cíes
Naia Nuñez Alonso Colexio Doctor Fleming
Laura Leis Gómez CEIP Altamar
Pedro Vecino Maure CEIP Lope de Vega
Vanessa Cruz Bogado CEIP O Pombal
David Comesaña Fernández CEIP Pintor Laxeiro
Fabio Comesaña Rodríguez Colexio Barreiro
Andrea Pérez Buján Colexio Mariano
Desde a organización do certame apuntan que o obxectivo é que os máis pequenos valoren que “ter auga en casa non é una tarefa sinxela. Detrás do xesto de abrir a billa, hai unha importante labor para que chegue ás nosas casas, hospitais ou industrias en óptimas condicións para o seu consumo. Que coñezan todas as fases que compoñen o ciclo integral da auga.
Dimensión internacional
O Concurso, que alcanza este ano a XVII edición, ten dimensión internacional. Ademais de en España, convócase en Portugal, Italia e República Checa, países nos que Aqualia está presente xestionando o ciclo integral da auga en varios municipios e territorios.
O Concurso Dixital Infantil Internacional é xa un referente para os municipios nos que Aqualia está presente. Desde a organización do certame sinalan que “estamos orgullosos de cumprir 17 anos. A colaboración cos centros escolares e os concellos no desenvolvemento desta acción é extraordinaria e cada ano vai a máis”.