O grupo de voluntarios, composto por unha vintena de persoas, traballou este sábado na eliminación de dúas especies de plantas invasoras nas dunas, a conyza canadienses e margarita africana, co obxectivo de erradicalas por completo nas dunas de Praia América-Panxón ao longo das tres xornadas de voluntariado. A iniciativa encádrase no proxecto subvencionado polo GALP de recuperación do litoral de Nigrán e inclúe a recollida de lixo e posterior roteiro ambiental. Ademais do programa de voluntariado, haberá andainas e roteiros temáticos ao longo de todo o mes. En todos os casos é preciso a inscrición previa por protocolo sanitario no mail turismo@nigran.org
As xornadas de voluntariado ambiental serán os días 10, 17 e 24 de outubro consistirán na eliminación de plantas exóticas invasoras, mellora das condicións dunha planta ameazada, recollida de lixo e realización de actividades divulgativas e de sensibilización sobre o litoral. Estas actividades matinais de voluntariado (de 11 a 14:00 horas) estarán guiadas por un educador ambiental e a asociación ecoloxista Amigos da Terra e complementaranse con roteiros ambientais durante a tarde (16:00 horas) só para este voluntariado, coa finalidade de agradecer o seu traballo e aumentar a súa sensibilización na conservación do espazo.
Os interesados deben ser maiores de idade e inscribirse a través do mail turismo@nigran.org aportando os seus datos e indicando no asunto ‘Voluntariado Ambiental’. A inscrición está aberta a un ou varios días, debendo indicalo o interesado. Toda a actividade cumprirá coa Ley de Voluntariado, polo que tamén incluirá o xantar.
Igualmente, o Concello realizará tres roteiros ambientais ao marxe das xornadas de voluntairado. O primeira será o 11 de outubro por Monteferro, o segundo o 25 de outubro polo esteiro de A Foz do Miñor e o último o 31 de outubro polo espazo dunar de Praia América. Finalmente, realizaranse sendos roteiros temáticos, un sobre a cultura mariñeira de Nigrán o 18 de outubro e outro sobre o patrimonio etnográfico do mar o 1 de novembro. Todos serán ás 11:30 horas e, por cuestións de protocolo sanitario e o consecuente límite de aforo, é preciso a inscrición previa no mail turismo@nigran.org indicando os datos de todos os participantes e o roteiro en concreto no que se desexa participar.
O proxecto ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’ obtivo a maior puntuación do GALP, que o subvenciona con 45.451,23€ e inclúe un apartado de intervencións. Así, construirase un observatorio de aves, e instalarase unha varanda de seguridade na pasarela existente na duna de Praia América-Lourido e unha pasarela flexible de madeira para o acceso á praia en catro puntos da mesma.