O alcalde de Vigo manterá o vindeiro 28 de agosto unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para solicitarlle que se leve a cabo o transvase de emerxencia entre o río Verdugo e o Oitavén,
«Vou a expor a situación do abastecemento da auga a Vigo, seguramente o problema máis importante que ten esta cidade. É unha obriga e competencia da Xunta, que o señor Feijóo desatendeu», sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
O rexedor explicou que acudirá á ministra de Transición Ecolóxica «tal e como xa fixera coa ministra anterior cando estabamos en plena crise e obtiven como resposta unha desatención total».
«Hai un ano solicitei o transvase de emerxencia do río Verdugo ao Oitavén e estes días de tanto calor volvemos a lembrar que o abastecemento da presa de Eiras é insuficiente para Vigo e outros nove concellos», sinalou.
Caballero advertiu de que «nada garante que teñamos outro anos sen choiva e pódese reproducir o problema, nada garante que non volva a pasar».
Ata a semana pasada había unha ocupación do 95% en Eiras e do 88% en Zamáns. «É un bo nivel, pero revisaremos os datos de hoxe e a partir de aí decidiremos», sinalou o alcalde.