O máximo de unidades familiares que se poderán anotar é de doce. Unha vez lograda a praza, os adxudicatarios deberán presentar entre o 10 e o 14 de xuño a correspondente ficha xunto co xustificante do pago a través de correo electrónico (taquilla.vigozoo@vigo.org) ou ben na billeteira de Vigozoo (10:30-20:00 horas).
O custe da actividade ascende a 28 euros por persoa participante. Se non se cumprimenta a inscrición, actívase lista de agarda. A Concellería ten activados o enderezo electrónico info@caminoacaminovigo.org e o teléfono 662 231 023 para aclarar dúbidas.
Vigozoo conta cun albergue conformado por liteiras dispostas en tres habitáculos, sendo compartida a estadía entre os participantes. É preciso levar saco de durmir.
O programa de actividades é o seguinte:
Sábado
16:30 Acollida e aloxamento no albergue
17:00 Actividade familiar no aulario. Piscina (opcional)
18:00 Merenda para os máis pequenos
18:30 Obradoiro sobre constelacións
19:30 Visita guiada polo Parque (parte I)
20:45 Tempo Libre
21:15 Cea
22:15 Vista da posta do sol dende o mirador
23:30 Observación nocturna
Domingo
09:30 Almorzo
10:00 Recollida do albergue
10:30 Visita guiada polo Parque (parte II)
12:00 Xogos familiares ou Piscina (opcional)
13:00 Despedida