A Xunta de Goberno Local validará este venres as actividades de outono do programa ‘Camiño a Camiño’, a iniciativa municipal de concienciación e sensibilización ambiental. O programa contará con oito andainas de balde desde o 19 de setembro ata o 7 de novembro, ambos incluídos. Serán catro percorridos pola senda panorámica de Vigo e outros catro polas serras da contorna.
A proposta arrancará o 19 de setembro co paseo desde VigoZoo ata o Parque Forestal de Bembrive, punto de partida do seguinte domingo, 26 de setembro, onde os camiñantes chegarán ata o parque forestal de Bembrive. O 3 de outubro continúa o camiño desde Bembrive ata Monte dos Pozos, desde onde sairá a cuarta e última ruta deste bloque, o 10 de outubro, con finalización en Saiáns.
O programa de outono continuará o 17 de outubro cunha excursión pola Serra do Suído. Unha semana despois será a quenda da Serra da Groba, mentres que o 31 de outubro os inscritos poderán coñecer a Serra do Galleiro. A última proposta de outono, a Serra do Galiñeiro, terá lugar o domingo 7 de novembro.
Cada día oferta un cento de vacantes, que logo serán divididas en grupos para cumprir coa normativa de prevención contra a Covid-19. As inscricións, como vén sendo habitual, se tramitarán a través do 010 e o prazo para anotarse ábrese o luns inmediatamente anterior á celebración do recorrido.