O evento terá diferentes datas e localizacións e os temas que tratará serán de diversa índole. Desde a riqueza dos fondos mariños do arquipélago ata os efectos da acción do home pasando pola pesca, a xeoloxía ou o seu patrimonio cultural e histórico.
Algunhas das citas terán a peculiaridade do seu xeito de desenvolverse, por exemplo tomando unhas cañas no gastromercado do Berbés. O ciclo de conferencias ten o seguinte programa:
Mércores 18 de xullo, Praza da Constitución.
Cine e ciencia. “Sumérxete nos fondos mariños das Illas Cíes”
Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas
Mércores 5 de setembro, Mercado do Berbés.
Ciencia e cañas: “Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes”
Luis Navarro, profesor da Universidade de Vigo
Mércores 19 de setembro, Mercado do Berbés.
Ciencia e cañas: “Procesos ecolóxicos nas Illas Cíes”
Alberto Velando (doutor en Bioloxía) e Carlota Barañano (especialista en conservación do fondo mariño)
Mércores 3 de outubro, Mercado do Berbés.
Ciencia e gastronomía: “Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca”
Fran Saborido (investigador do Instituto de Investigacións Mariñas) e Miguel Planas (científico do Consello Superior de Investigacións Científicas)
Mércores 7 de novembro, Auditorio Rúa Areal-Rúa Porto
Ciencia e Patrimonio: “Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes”
Ceferino de Blas, cronista oficial de Vigo
Mércores 12 de decembro, Mercado do Berbés.
Ciencia e cañas: “A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo”
Irene Alejo, profesora da Universidade de Vigo