Abel Caballero informou este venres de que nos vindeiros días o Concello de Vigo incorporará ao Casco Vello e a Bouzas dous camións de recollida selectiva 100% eléctricos. “Son para a recollida ‘porta a porta’ de vidro, significa que queremos eliminar contaminación e ruído”, sinalou o alcalde.
O rexedor lembrou que tanto no Casco Vello como na zona histórica de Bouzas o Concello dispón deste servizo, que o pasado ano recolleu na zona histórica do centro da cidade un total de 287 toneladas de vidro.
Caballero tamén deu os datos de reciclaxe de papel e cartón na cidade o pasado ano (4.945 toneladas): envases lixeiros (3.224 toneladas), vidro nos contedores de rúa (3.454 tn), pilas en contedores e establecementos (26 tn), ropa usada e calzado (345 tn) e aceite vexetal (15 tn).