As emisións contaminantes foron verificadas polos técnicos do Plan de Control de Vertidos do organismo hidráulico da Xunta no transcurso das inspeccións levadas a cabo no citado entorno, tras unha denuncia recibida en Augas de Galicia.
No transcurso da inspección realizada polos efectivos do Plan de control e da Gardería Fluvial de Augas de Galicia se puido constatar e existencia de vertidos reiterados como consecuencia do deficiente funcionamento dunha estación de bombeo de augas residuais existente na zona.
Augas de Galicia procedeu á notificar á Administración local a situación, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a subsanación do punto de vertido. Dende o Concello de Soutomaior, a través da empresa concesionaria do servizo de mantemento da rede de saneamento, leváronse a cabo melloras técnicas no bombeo citado, destinadas a minimizar a saturación da rede e os consecuentes episodios de vertido derivados de dita situación.
Recentemente, os técnicos dependentes de Augas de Galicia realizaron unha nova comprobación do punto de vertido, constatando a finalización da obras de mellora na estación de bombeo de augas residuais instalada no lugar, que permitiron o cese dos aportes contaminante ao dominio público marítimo terrestre.