«A Xunta segue sen entender a casuística das fincas forestais privadas que son moi numerosas no termo municipal de Vigo, coma no caso do propio concello, que nin sequera ten artellado un servizo de bombeiros con dotacións suficientes para acometer as competencias en materia de extinción especialmente nas fincas que están clasificadas como urbanas», sinala o gruo municipal da Marea de Vigo. O municipio ten 34.083 parcelas afectadas por esta rede secundaria, das que máis de 31.000 son rústicas e máis de 2.000 son urbanas.
Para a Marea de Vigo, que a partir do 31 de maio de cada ano os propietarios teñan que ter limpas de especies pirófiras as súas fincas: eucaliptos, mimosas, xestas, fentos e toxos, piñeiros etc…. poderá ser cumprido polos terreos propiedade de comunidades de Montes, pero en moitos casos de particulares isto non será posible, e especialmente nos casos de familias en risco de pobreza ou con ingresos insuficientes, para as que afrontar os traballos de limpeza forestal será moi difícil.
Ademais, o feito de que no caso de non acometer estas accións a execución forzosa subsidiaria sexa realizada polo concello de Vigo, e logo sancionando a persoa propietaria cobrarlle o custo, pode significar incluso un importe elevadísimo ao realizalo subsidiariamente empresas contratadas polo propio Concello.
Marea de Vigo considera que hai recursos municipais para acometer a habilitación desta faixa de xestión de biomasa para evitar que a concreción da mesma supoña un custe inasumible para moitas familias viguesas.