Este domingo 17 de marzo, a plataforma «Vigo verde -Salvemos a Barroca», da que forma parte Ecoloxistas en Acción, celebrou da man do Colectivo Cova unha acción artística de participación cidadá na Carballeira de Casaliños para amosar o seu rexeitamento á posible corta desta carballeira.
A plataforma «Vigo verde -Salvemos a Barroca» está conformada por asociacións ecoloxistas, culturais e sociais da cidade co fin de impedir a corta da Carballeira de Casaliños para desenvolver o proxecto Vigo Arena.
Carballos, salgueiros, loureiros e amieiros constitúen un bosque aluvial situado no barrio da Barroca, que estaba contemplados como espazo verde na aprobación inicial do PXOM e pasaron a ser considerados como equipamento na aprobación provisional que fixo o Concello de Vigo o pasado 28 de decembro, cando xa non se podían presentar alegacións e a veciñanza de Navia se entera pola prensa da posible construción nese espazo do proxecto Vigo Arena, sinalou Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Vigo, entidad integrante da plataforma.
A plataforma, recén creada, tilda de «irresponsable e de dubidosa legalidade» que se destrúa a paisaxe natural e as poucas zonas verdes que xa quedan en Navia. A esta queixa engaden «a dubidosa protección dos humedais de Fontes Pertegueiras incompatible coa dimensión proxectada do vial e da rotonda xigante e aérea que se pretende construír na Avenida de Europa«.
Desde a plataforma demandan outro modelo de crecemento que contemple o aproveitamento do chan xa construído e en estado de abandono no centro da cidade, en troques de recorrer sistematicamente a destrución de zonas forestais, a protección das masas arbóreas existentes tan necesarias para a regulación do clima e outras funcións ambientais como a regulación da calidade do ar que respiramos e a preservación do hábitat para moitas especies así como a necesaria conservación dos últimos humidais na contorna de Samil, a mobilidade sostible e a non duplicidade de infraestruturas.
No mesmo comunicado, Ecoloxistas en Acción lembran que, por accións coma esta, «Vigo foi expulsada da rede de Cidades polo Clima».