O programa ‘Camiño a Camiño’ retoma a súa actividade con novos percorridos medioambientais polos sendeiros locais dos montes de Vigo. Serán oito as rutas de balde que se realizarán entre os meses de setembro e outubro, que chegarán con dúas novidades.
Por unha banda, os itinerarios serán todos circulares, de forma que os usuarios poidan acudir directamente polos seus propios medios; e por outro, todas as rutas finalizarán cunha actividade musical. En todos os casos, será obrigatorio cumprir coas medidas de seguridade sanitaria que se establezan.
Cada actividade contará cun máximo de cen prazas, que serán distribuídas en grupos de 25 persoas para evitar aglomeracións. As inscricións tramitaranse a través dos teléfonos 010 ou 986 810 260 a principios da semana de cada saída.
O calendario de rutas, lugares a visitar e agrupacións que intervirán é o seguinte:
Día 19 de setembro: Sendeiro local Beade-Bembrive
Punto de encontro (16:45h): Parque Forestal de Beade
Actuacións (19:30h): AF Andarela e AFC Corisco
20 de setembro: Sendeiro local Candeán
Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal do Vixiador
Actuacións (12:30h): CSCR Beade, Asociación A Monteira e AF O Coto
26 de setembro: Sendeiro Local Zamáns:
Punto de encontro (16:45h): Parque Forestal de Zamáns
Actuacións (19:30h): CCAR Valadares e AC Traspés
27 de setembro: Sendeiro Local Oia
Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal de Oia
Actuacións (12:30 h): ACF O Fiadeiro e Helios de Bembrive
3 de outubro: Sendeiro Local Valadares
Punto de encontro (16:45h): Parque Forestal Monte dos Pozos
Actuacións (19:30h): AF Queixumes e AFC Froles Novas
4 de outubro: Sendeiro Local Matamá-Comesaña
Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal Maruxento (Matamá)
Actuacións (12:30h): AFT Os Ventos de Comesaña e AX de Tempo Libre Vagalume
10 de outubro: Sendeiro Local Coruxo
Punto de encontro (16:45h): Fragoselo
Actuacións (19:30h): Grupo Etnográfico A Buxaina e AC Alalá
11 de outubro: Sendeiro Local Saiáns
Punto de encontro (09:45h): Parque Forestal de Saiáns:
Actuacións (12:30h): CCR Cabral, ACRD Pardavila e AFC Asubío