Así o atoparan os camiñantes que participen este domingo na Andaina Polos Montes de Vigo. O camiño de Beade-Bembrive é un dos lugares a percorrer e o tramo da Entidade Local Menor está perfectamente acondicionado para acoller os camiñantes. Ben sinalado, soamente pode existir un pouco de dúbida na zona de Aldea da Fraga porque o sendeiro, de carácter circular, ten unha unión entre ida e a volta e, de confundirse, pode supoñer tomar a dirección de regreso antes de tempo.
Máis alá deste detalle, o camiño pola zona de Bembrive ten como inicio a área recreativa do Pouso. De optar por tomar dirección ascendente, o camiñante terá unha forte pendente soamente no inicio e despois unha subida continua pero non excesivamente forte. As maiores pendentes serán en baixada. De tomar a dirección cara a zona do Galleiro, o camiñante entrará en camiños con predominio de baixada ata pasar ao rio Eifonso e afrontar as maiores pendentes en subida.
En calquera dos dous casos, a senda é especialmente recomendable para camiñar pero xa non para bicicleta. En moitos lugares os camiños son demasiado estreitos e incluso aparecen chanzos. E, independentemente do sentido, o trazado ten unha certa dureza con varios cambios de niveis e unha sucesión continúa de fortes pendentes. Este feito é especialmente notable na parte baixa da senda. Nun momento o camiño métese por zonas asfaltados veciñais, pero pronto atopa pasos de terra con varios tobogáns cunha importante pendente e no medio unha vexetación espectacular e a presencia continua do auga.
De feito, o tramo que coincide co sendeiro do río Eifonso é de especial beleza. A humidade é constante durante o traxecto. Ríos, regatos, camiños convertidos en regatos pola choiva ou con humidades e a aparición de fontes é algo permanente nesta senda. O líquido trae consigo o verde. En primavera con especial importancia debido a que é a etapa de floración. Natureza do monte vigués e, ademais, o trazado foi especialmente esquivo cos núcleos de poboación. Algo non sempre sinxelo, pero moi ben acadado nesta senda local.
O maior inconveniente do percorrido por Bembrive e a presencia continua da VG-20. Pásase por debaixo e por enriba pero, ademais, durante moitos metros escóitanse os camións e os coches en metade do monte porque vai moi cerca, probablemente, demasiado. Cando se está a camiñar pola natureza entre árbores e verde sempre é mellor escoitar os paxaros e non os coches. En todo caso, a experiencia é moi recomendable polo verde o os pasos de regatos. É a principal característica desta senda, o auga é a natureza. O domingo, na Andaina Montes de Vigo, Bembrive será un anfitrión cheo de cor e húmido.