A Asociación Veciñal de Teis vén de reclamar ao Goberno local que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello de Vigo encargou a unha empresa a talla de arbores, na súa maioría eucaliptos e acacias, na zona da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.
Tras esta actuación, a asociación dirixiuse por correo electrónico e logo por rexistro á Concellaría de Parques e Xardíns para solicitar información dos motivos desta talla. No escrito, tamén sinalaban a “necesidade” de realizar unha plantación de árbores autóctonas nestes terreos (carballos, castiñeiros, bidueiros, sobreiras…).
Segundo a veciñanza, esta iniciativa evitaría que estas parcelas estean ocupados en poucos anos novamente por árbores invasoras. Dese xeito, ademais, poderíase con “cunha nova masa forestal no monte da Guía”.
Desde a asociación, tamén reivindican que o Concello de Vigo merque os terreos privados onde se realizou a talla, que están “abandonados”. “Isto permitiría, ao estar na contorna da praia da Punta e do paseo do borde litoral, aumentar o espazos de lecer e esparexemento”, apuntan.