O Concello de Tui vén de colocar dous colectores destinados á recollida de tapóns de plástico, co que se quere colaborar coa Asociación TaporelMun. Un deles foi instalado no exterior da Praza de Abastos e o outro foi situado no exterior do Punto Limpo.
Con esta iniciativa, a administración local quere apostar pola reciclaxe destes produtos e, ao mesmo tempo, sumarse a unha causa solidaria, xa que os cartos recadados con estes tapóns terán un fin social.
En concreto, serán empregados para promover unha campaña que está arestora en marcha para axudar a un neno de 3 anos que padece unha enfermidade rara denominada Metabolopatía por déficit de CPS-1.