O trail transcorrerá terá dúas modalidades: a longa, de 26,7 quilómetros, e a curta, de 13. Pola súa banda, a andaina terá unha distancia máis alcanzable de 7,9 quilómetros e percorrerá os montes de Coruxo, San Miguel de Oia e Saiáns, con saída e chegada en Fragoselo. Tamén celebrarase unha carreira polo mismo percorrido que a andaina.
Esta proba lembra o acontecido nos incendios do 15 de outubro de 2017. Poderase comprobar como pouco a pouco teñen lugar as labouras de rexeneración e en que situación se atopa o monte un ano despois.
A inscrición xa está cerrada e o recadado nesta acción adicarase aos actos de rexeneración dos montes queimados e á creación dun anel verde.
Esta non será a única actividade para conmemorar o aniversario da vaga de lumes. O 21 de outubro, as 20:00 h, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o I Festival Solidario pola rexeneración dos montes de Vigo, coa participación de grupos musicais das parroquias afectadas: Banda de Gaitas Xarabal, B.U.M. de Valladares, Cordas Novas C.R.A de Coruxo e Os Ventos de Comesaña.
Finalizarase o programa de actos cunhas xornadas técnicas para abordar «Redeseñando os montes periurbanos», que terán lugar no Centro Cultural de Valladares o 10 de novembro e cunhas xornadas divulgativas «Froitos do noso monte – V edición» a celebrar na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus o 15 de novembro.
Durante o outono e o inverno está previsto continuar coas labouras de plantacións nos montes queimados, na que están convidados os centros educativos e aquelas entidades que teñan a ben participar no programa de patrocinios aberto. Nestes momentos, froito da acción do outono e inverno pasado, nos viveiros que Montes de Vigo habilitou para o efecto xa hai un importante número de árbores autóctonos preparados para a súa plantación.