A ruta é circular e arranca no Monte dos Pozos para pasar polo Parque Forestal de Maruxento (Matamá) e ver algunhas das actuacións que xa se levan feito. Logo encamíñase á saia do Parque Forestal de Aguieira (Comesaña) para volver ao Monte dos Pozos. En total, a distancia é de 9,1 quilómetros pero para familias con nenos e persoas que queiran menos percorrido deseñarase unha versión reducida.
A inscrición na andaina xa está dispoñible a través do 010 (986 810 260 dende móbil). A saída terá lugar ás 09:00 horas na Praza do Rei. O regreso está programado en torno ás 14:00 horas.