A temática das actividades programadas xirará en torno ao cambio climático e o coidado do medio ambiente. O título baixo o que se desenvolverá a actividade, de feito, é ‘O cambio climático: ¿que está nas nosas mans?’.
Existen dúas opcións de participación: atención matinal (dende as 08:00 horas) e de servizo de fiambreira (ata as 15:00 horas). Tamén darase a posibilidade de reservar comida na cafetería por 5 euros ao día.
Hai 50 prazas e terán preferencia os empadroados no Concello de Vigo. O prezo a inscrición é de 15 euros. Unha vez confirmada a preinscrición, debe remitirse ao enderezo taquilla.vigozoo@vigo.org a ficha inscrición cuberta, copias DNI/libro de familia do neno, a tarxeta sanitaria do neno, o empadroamento en Vigo e a xustificación do pago na conta ES33 2080 5000 6731 1019 4172 indicando no concepto “Campamento Semana Santa 2019”.