As familias poderán durmir no albergue co que contan as instalación da Madroa, conformado por liteiras dispostas en tres habitáculos, aínda que é preciso levar saco de durmir.
Para participar, é necesario completar un proceso de inscrición, que conclúe este mércores ao final do día e que require presentar unha ficha que se pode atopar na páxina web de Camiño a Camiño e logo enviala xunto co xustificante do pago ao enderezo electrónico info@caminoacaminovigo.org ou ben entrégalo na Concellería de Medio Ambiente (segundo andar do Concello de Vigo).
O pago debe facerse mediante ingreso ou transferencia na conta bancaria ES33-2080-5000-6731-1019-4172. O prezo establecido é de 28 euros por persoa participante, incluido os menores. Con esta actividade conclúe a programación de Camiño a camiño nesta primeira parte do ano.
O programa de actividades é o seguinte:
Sábado
16:30 Acollida e aloxamento no albergue
17:00 Actividade familiar no aulario. Piscina (opcional)
18:00 Merenda para os máis pequenos.
18:30 Obradoiro sobre constelacións
19:30 Visita guiada polo Parque (parte I)
20:45 Tempo Libre
21:15 Cea
22:15 Vista da posta do sol dende o mirador
23:30 Observación nocturna
Domingo
09:30 Almorzo
10:00 Recollida do albergue
10:30 Visita guiada polo Parque (parte II)
12:00 Xogos familiares ou piscina (opcional)
13:00 Despedida