Nesta época na que a profesión xornalística non está a atravesar o seu mellor momento, é unha honra darlle a benvida a un novo periódico dixital ao que auguro un grande éxito.
Estamos na era das comunicacións e das novas tecnoloxías e, cada vez mais, os cidadáns están ávidos de información ao tempo que reclaman inmediatez e novas de xeito continuo. Unha web dixital de noticias é un dos mellores soportes para que os vigueses e viguesas esteamos informados en todo momento do que acontece na nosa cidade, e para isto é preciso traballo, dedicación e moito esforzo. De seguro, VigoÚltimaHora estará á altura.
Felicidades por este novo proxecto e benvidos á era dixital!
María José Bravo Bosch
Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo