Abel Caballero adiantou este mércores a portada da publicación, que se distribúe nos voos da aeroliña, protagonizada por unha fotografía da recreación da expulsión dos franceses por parte de mulleres viguesas. Unha imaxe que se reproduce en cada edición da Reconquista «unha grande festa» para Caballero.
O rexedor salientou que esta forma de promoción é unha mostra da «colaboración» que manteñen o Concello e Air Nostrum coa que «estamos moi satisfeitos» e que se plasma no compromiso da compañía de promocionar os actos e eventos de Vigo que poidan servir para promocionar a cidade, o seu turismo e a súa cidadanía. Coa dedicación do número de marzo «centos de miles de persoas» coñecerán a festa e a cidade durante un mes, engadiu o alcalde.