Nacho Mirás (Vigo, 1971), que realizou toda a súa carreira en La Voz de Galicia e Radio Voz, foi membro do Pleno Territorial do CPXG durante as dúas primeiras lexislaturas do Colexio (2000-2004 e 2004-2008).
A súa morte a unha idade tan nova, vítima do cancro contra o que loitou os últimos dous anos causa unha gran dor entre a profesión xornalística e no seo do CPXG. Mirás exerceu ata o final o xornalismo: nestes últimos anos, contou a loita contra o tumor desde o seu blog, rabudo.com, e no libro «El mejor peor momento de mi vida».
A Xunta de Goberno do CPXG, en nome do conxunto de profesión, expresou o seu fondo pesar por esta morte e suspendeu, en sinal de respecto, a reunión da Xunta de Goberno que estaba prevista para este sábado. O funeral terá lugar este sábado no tanatorio de Boisaca, en Santiago, ás 12.00 horas.