A competición comezará este sábado ás 13:30 horas e para o domingo están previstas as finais dende as 12:15 horas. Haberá tres categorías: Absoluta, B e +40. Os vehículos pesan un mínimo de 2,4 quilos, teñen tres cabalos de potencia e acadan os 120 quilómetros por hora.
“É a Fórmula 1 dos coches de radiocontrol”, indica Alberto Alonso, representante do club vigués, que avanzou que a cidade aspira a albergar probas internacionais, entre elas un gran premio da EFRA, o organismo reitor da modalidade en Europa, a que xa lle solicitaron acoller unha das tres carreiras do circuíto continental.
Mentres, a entidade envórcase neste evento, ao que se presentan ata sete campións de España de automodelos, dous deles de Vigo (o propio Alberto Alonso en 2015 e Iñaki Otero en 2016). En 2017 gañou Sergio Montesinos, que confirmou que participará en Vigo.
O CAVI, ademais do patrocinio do Concello, conta co apoio de PSA Retail, Gadis ou Bumpers Online, que regala un coche para un sorteo cuxo beneficio irá á asociación Os Biosbardos.