Na toma de posesión como alcalde de Vigo, Manoel Soto, en 1979, laiábase de ter perdidos tantos bos compañeiros polo camiño para logo afirmar que non recoñecía máis lexitimidade antes que el que o anterior alcalde de Vigo, o señor Martínez Garrido, fusilado polo «delito» de ser socialistas no ano de 1936.
Xunto a este, outros como Alfredo Súarez, Súarez Castro, Anxel Casal, Quintanilla Martínez, Antela Conde, son os grandes nomes propios esquecidos. Lexítimos alcaldes escollidos polos veciños de Vigo, Coruña, Ourense, Santiago, Ferrol e Lavadores. Galeguistas e socialistas fusilados eran non só os representantes lexítimos e democráticos das cidades, senón tamén a única representación democrática dunha Galicia que aspiraba a acadar a autonomía en 1936.
Neste 2021 cumprimos 40 anos de organización política de Galicia en Comunidade Autónoma, un feito xa case trivial, natural e normalizado pero que xunto ca defensa da democracia e a súas propias ideas, foi no pasado causa de crimes de lesa humanidade, co asasinato de mulleres, homes e da democracia en si mesma.
A banalización dese pasado, a xustificación, evitar a súa condena e do mesmo xeito, os silencios cómplices, son inaceptable.
No día de Galicia, en lembranza os nomes propios esquecidos e a todos aqueles nomes anónimos aínda hoxe descoñecidos.