“Ante a súa preocupación sobre as condicións laborais dos/as traballadores/as de Opel (Figueruelas) e PSA (Vigo), coma galego, traballador e representante sindical manifestarlle que:
1) Non e a miña intención coartarlle o dereito a facer publico diante dos medios de comunicación a súa política antisocial, se non lembrarlle que, toda opinión, e máxime a dun presidente galego, debe estar fundada no coñecemento.
2) Digo isto porque me resulta, non sorprendente pero si dramático, que fale agora das condicións dos/as traballadores/as de PSA Vigo cando todas as súas visitas á fábrica só son para saír nas fotos. Esas onde os/as de buzo non saimos por moverse debido aos ritmos de traballo.
3) Onde está ese deber cos/as que cruzamos eses tornos e que, co noso suor, levamos un salario que non cobre as necesidades básicas dun fogar, non podemos planificar unha fin de semana coa nosa familia e se nos desprofesionaliza pola nosa ideoloxía.
Que sabe vostede dos que aquí traballamos.
Vostede nada sabe nin nada ten en común cos/as traballadores/as. Vostede o que ten en común e cos patróns… ambos se dedican a recortar dereitos e servizos públicos.
Cando desexe opinar dos/as traballadores/as e as súas condicións aproveite a súa visita, que por seguro fará nas vindeiras eleccións políticas, e manche as mans. Xa sabe, mans sucias diñeiro limpo.
Ao meu entender, a base principal dun pais é a economía e os investimentos en I+D+i. Non nos recortes económicos e sociais dos/as traballadores/as.
Sr. Núñez Feijóo, como presidente da Xunta de Galiza o convido a que se documente.
E se non pode mellorar, no futuro abstéñase de “lastimar” o silencio.
Atentamente,
Manuel Domínguez Delgado
Secretario da Sección Sindical da CIG-Citroën”