Por José A. Hermida Fernández
Tras ser invitado e asistir á presentación en Vigo por parte da Xunta de Galicia (Conselleiro e Director Xeral de Cultura) Deputación Provincial (Vicepresidenta) ao informativo do plan de usos do Cine Fraga, permíteme compartir as seguintes impresións:
Lamentable o acto de presentación en Vigo dunha «sesión informativa do plan de usos do Teatro Fraga», carente do máis mínimo rigor e contido:
Si a Xunta abríu un «proceso participativo da cidadanía», ben se merece por deferencia á mesma, que a cidadanía coñeza o seu resultado antes de redactar o plan de usos. Para este viaxe non se precisaban estas alforxas.
Non é de recibo iniciar a redacción dun plan de usos, sen ter en conta un mínimo estudio das necesidades, tutelado como mínimo por criterios técnicos da persoa que vai dirixir o equipamento.
Non é politicamente aceptable criticar a baixa (ou nula) actividade cultural da cidade, cando a programación da Xunta en Vigo está intencionadamente ausente. Se predica co exemplo.
Vigo precisa dun equipamento cultural que complemente a oferta existente, e non máis do mesmo como así o deixa entrever a intervención do Director Xeral de Cultura, manifestando que o 60% do equipamento xa está definido co usos como teatro (iso si cunha platea retractil) e una ampla sala de exposicións (ocupando o espacio da antiga sala de festas Nova Olimpia ), quintuplicando… por ende un uso suficientemente dotado na cidade ca oferta existente noutros equipamentos como o Marco (con baixa participación da Xunta e programación de baixo perfil), Afundación Abanca, Fundación Barrie (pechado), Casa das Artes, Museo de Castrelos, Museo do Mar, Pinacoteca, etc.
Estudien e valoren a incorporación dun uso cunha novedosa oferta existente noutras localidades (Casa da Música Oporto, Centro de Residentes Artistas Matadero, Bilbao Escena, etc).
Se a cultura a mantén a cidadanía, ben merece que algunha das principais entidades culturais históricas da cidade dispoñan dun espacio digno para desenvolver a súa actividade, sendo o espazo Fraga un boa oportunidade para acoller algunha delas como a Fundación Sondeseu, Coral Casablanca, Fiadeiro, Orquestra 430, etc., etc.