Non lle din moita importancia, pensei danos colaterais de ver eses debates e programas de tanta altura dixen : Bráulio Amaro a seguir durmindo….se podes.
Mais non foi posíbel: os morros seguían medrando como despois dunha operación para implantarte silicona nos beizos, ácido hialurónico nas fazulas, un horror¡¡¡¡, que facer a esas horas, pois as tecnoloxías da comunicación, malia o tremendo desbaldido enerxético que supoñen, neste caso déronme a axuda que precisaba.
Mandeille unha foto cunha mensaxe ao médico de familia, un excelente profesional, en dous minutos contestestoume: Vaite xa a Urxencias do Hospital¡¡¡¡¡
Fíxenlle de contado caso e coa axuda dun bo amigo, desprazámonos ao Hospital, a verdade sexa, cun pouco de medo polo que coñezo das trapalladas que fixo o PP nese Hospital e na Sanidade Pública.
Chego a recepción – admisión
Non tarda nada a traballadora en tomar nota do meu estado físico, pídeme a tarxeta do Sergas, os datos habituais e moi amabelmente dime que o teño que facer, ir á sala de espera e axiña vanme atender. Visto e no visto e moi pouco tempo unha excelente profesional tómame tensión, parámetros habituais, abrir unha vía para a toma de sangue para analítica e que sexa,…. e todo cun trato realmente delicado e coidadoso, un chute dun corticoide, previamente un protector estomacal, un antihistamínico e voilá.
Vou collendo confianza nestes profesionais da saúde pública: nunca a perdín agás cando por falta de medios na Sanidade Pública ou digamos estratexias sanitarias- mercantís tiveron que derivarme a unha entidade concertada, ben coñecida polo trato que dispensa aos seu traballadores e traballadoras: represión, despidos, …… para facerme unha litotricia, grazas a esa entidade privada fun directo cunha sepsis xeralizada á UCI do Xeral, unha vez máis o magnífico traballo dos profesionais da sanidade pública evitou que ingresara no censo dos residentes ausentes e tamén que conste que no teño queixa da profesionalidade da meirande parte dos profesionais desa entidade concertada, outra cousa é xestión empresarial da mesma, digamos, e as interrelacións cos centros de poder político do país.
Despois das probas e da medicación sinalada, chega a doutora.
O primeiro que teño que dicer é o magnífico trato profesional, fálolle en galego a ela e a todas as profesionais que me atenden, e por suposto fálanme no meu idioma.
Despois de observarme detidamente e preguntarme as cousas habituais, dáme unha primeira impresión, insistindo que se tiven problemas respiratorios, cambios de medicación….. polo que lle vou contando semella que é unha reacción alérxica por unha cuestión alimentar un bivalvo en mal estado……. certo, certo.
En todo o tempo en que chegan as probas veu verme tres veces malia a que os servizo está sobresaturado de pacientes(cousas das políticas do P.P.), ao fin dáme a alta cun sorriso na boca tanto da doutora como da enfermeira que me vén a quitar a vía e que vou dicer do meu sorriso. Tempo de permanencia de 09.58 a 13.46
Aproveito os tempos intermedios e vou preguntándolle as persoas que traballan en Urxencias se antes estaban no Meixoeiro ou no Xeral, a resposta máis común é que estiveron en todos os sitios porque son persoas en situación laboral precaria….. os millóns de postos de traballo de Feijoo, Báñez, a suplente de Rajoy e el mesmo.
Traballan por días ou mesmo por horas, bótanas os fins de semana para non pagarlles, non acumulan dereitos de ningún tipo……. e malia a todo traballan como se espera destes magníficos profesionais da saúde de todos nós, con agarimo, dedicación, profesionalismo…. cun sorriso no bico porque supoño que non se deba cantar nun hospital.
Grazas polo voso traballo e a vosa humanidade.
Bráulio Amaro Caamaño, profesor.
braulioamaro@gmail.com