Así, o cadro de persoal fixo da área sanitaria viguesa verase incrementado con 63 profesionais con vinculo fixo coa EOXI de Vigo. Deles, 47 son médicos especialistas, 6 odontólogos de atención primaria, un pediatra de atención primaria, catro traballadores sociais, tres técnicos de prevención e dous informáticos e teñen elixido Vigo como destino profesional.
Os 47 profesionais médicos teñen praza fixa en 16 especialidades distintas como Anestesia e Reanimación, Cardioloxía, Farmacia, Oftalmoloxía, Cirurxía, Hematoloxía, Medicina Nuclear, Microbioloxía, Xinecoloxía e outras; deles, nove son especialistas en categoría de médicos de urxencias.
Moitos destes especialistas (31) xa prestaban servizos na EOXI de Vigo con vínculos temporais, consolidando o seu destino en Vigo. Os restantes profesionais proveñen de diversas áreas.
69% de facultativos fixos no Chuvi
No momento actual, o Complexo Hospitalario de Vigo ten unha dotación en cadro de persoal facultativo de 793 profesionais; deles, 501 son propietarios tras ter superadas as oposicións correspondentes. Con estas novas incorporacións, a cifra de propietarios ascende a 548; isto é, o 69% do cadro de persoal.
En canto aos odontólogos, a EOXI de Vigo dispón de 21 prazas de odontólogos, sendo persoal fixo12 deles. Coa incorporación de 6 odontólogos máis, serán 18 profesionais con praza fixa, o que supón que o 86% do cadro de persoal nesta categoría é propietario.
Os novos médicos con praza fixa se incorporarán no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e os odontólogos nos centros de saúde de Porriño (dous profesionais), Redondela, Teis, Tui e Val Miñor.