O xerente da area Sanitaria de Vigo, Julio Garcia Comesaña, e a directora de Atención Primaria, Elena Lorenzo, presentaron este xoves aos responsables dos centros de saúde e coordinadores de área as liñas xerais para reactivar a actividade deste nivel asistencial. Realizarase en catro fases, que se irán desenvolvendo en función da evolución epidemiolóxica ata o próximo 15 de xuño, data que marcaría o inicio da última etapa.
Nas primeiras dúas quendas seguirase mantendo a consulta telefónica como modelo de atención preferente, mentres que -tal e como se ven realizando ata a data- a consulta presencial será inducida polo médico de familia cando o considere necesario. Se algún paciente achégase ao seu centro de saúde directamente, sen ter contactado previamente por teléfono, se lle realizará unha triaxe para orientar a súa atención. Tamén seguirase potenciando a atención domiciliaria proactiva, TELEA, para os pacientes crónicos.
O punto de inflexión nesta reactivación asistencial será a principios do mes xuño, que marca o inicio da Fase 3. Nese momento se prevé iniciar as consultas presenciais a demanda e incluír nas axendas ocos para aqueles actos sanitarios solicitados polos pacientes.
Neste senso, se recuperará tamén de xeito paulatino a carteira de servizos de todos os centros de saúde, revertendo a configuración organizativa actual con centros de referencia de atención ao Covid19. Así, volverase a realizar de xeito xeral aquelas probas e procedementos diagnósticos -que ata agora víñanse limitando a casos non demorables e excepcionais.
Esta recuperación paulatina da actividade se desenvolverá baixo unha premisa xeral: evitar a concentración de persoas nas salas de espera dos centros, polo que a citación realizarase cunha cadencia que minimice as aglomeracións e garanta as condicións de seguridade. Así mesmo, adoptaranse as medidas de prevención e hixiene persoal necesarias tanto para os profesionais como para os usuarios.
Probas en 24 horas
En relación coas probas diagnósticas PCR, o xerente confirmou que se vai realizar un maior esforzo na detección precoz dos pacientes infectados co coronavirus, polo que estas probas se realizarán con maior celeridade.
Os médicos de familia seguirán indicando a realización dos PCR segundo os criterios clínicos -tal e como o veñen facendo ata a data- que se efectuarán en tan solo 24 horas. Isto será posible polo apoio do CovidAuto do Meixoeiro o reforzo dos equipos de extracción a domicilio da área.