Bautizado como “Neumoleague” foi un concurso online no que, ao longo dun ano, publicábanse casos clínicos propios e tratábanse de resolver coa maior celeridade posible os aportados por outros grupos. Os tres mellores equipos dos 32 hospitais participantes clasificáronse para “A Final da Neumoleague”, que celebrouse de forma presencial durante o propio congreso. O equipo vigués impúxose con autoridade aos formados por residentes do Hospital de La Princesa de Madrid e do Clínico de Valencia.
A “canteira” do servizo de Pneumoloxía vigués contou co apoio, dacordo coas bases do propio concurso, de tres pneumólogos dos máis novos que xa traballan no propio servizo.
O premio que recibiron foi o financiamento para a asistencia a unha próxima reunión do Congreso Europeo de Pneumoloxía.
Os galardoados foron os residentes David Dacal (xa especialista porque concluíu o seu período de residencia recentemente), Victoria Arnalich, Irene Lojo e Noelia Aguiar, que formaron a “alineación titular”. Estiveron apoiados polos pneumólogos do servizo Ramón Tubío, Cecilia Mouronte e Cristina Ramos.
Enfermaría
No mesmo congreso nacional celebrado en Palma, enfermeiras do servizo de Pneumoloxía do Chuvi tamén obtiveron un importante galardón, como foi o terceiro premio as mellores comunicacións científicas sobre a efectividade e aforro de costes dunha consulta de alta resolución de enfermería.
No traballo participaron o enfermeiro Marcos González que traballa en esa unidade, e as enfermeiras Ana Priegue, de investigación de Pneumoloxía; Luz Aballe, da consulta de EPOC grave; Esmeralda García da vía rápida de cancro de pulmón, que foi a relatora da comunicación; e a supervisora de consultas Marisa Martinez.
“O nivel da comunicación foi alto, o que dá unha idea do traballo que se realiza a diario no servizo do Chuvi por parte de todo o persoal sanitario e das distintas unidades”, concluíu o doutor Fernández Villar.