O persoal de enfermería do hospital Álvaro Cunqueiro, máis concretamente os Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) iniciaron catro xornadas de folga o pasado luns por mor do conflito que manteñen coa dirección do centro a raíz da recollida de bolsas de roupa sucia. As seguintes xornadas de paro están convocadas para os días 25 e 28 de xuño.
Desde a Dirección da EOXI de Vigo lamentase «estas graves repercusións asistenciais para os pacientes, e reitera a súa disposición para continuar negociando coa Comisión de Centro, pero sempre partindo da premisa de que as TCAEs terán que seguir trasladando a roupa como veñen facendo ata agora. Este é o único aspecto innegociable».
Doutra banda, a Valedora do Pobo deu a razón á EOXI de Vigo neste conflicto. Así, nas conclusións do informe asinado pola Valedora, Milagros María Otero Parga, tralo estudo da queixa presentada polas TCAEs, se notifica que a Institución procede a arquivar a queixa ao “non apreciar actuación irregular da administración que nos permita adoptar unha resolución firme concluínte sobre mala praxe administrativa”.