Almuíña xa comunicará persoalmente aos usuarios de Bouzas que a licitación produciríase en marzo pero, segundo a Xunta, foi preciso introducir modificacións no proxecto que retrasaron as previsións iniciais.
O orzamento previsto para a construción desta nova infraestrutura sanitaria é de preto de 1,4 millóns de euros e o prazo máximo de execución previsto no proxecto é de 14 meses dende a firma do acta de comprobación de replanteo. Deste xeito, entre trámites e inicio de obra, prevese que o ambulatorio entre en funcionamento a comezos de 2021.
Unha vez rematado o novo centro de saúde os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade, é dicir, se lles ofrecerá trasladarse ao novo centro ou quedar onde estean a ser atendidos agora mesmo. O obxectivo é atender ás necesidades dos pacientes que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia.
O centro estará emprazado nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Llanos e Ferreiros. Para a súa execución procurarase a máxima integración na contorna de acordo co establecido no Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) dese ámbito e mediante o mantemento e reprodución do volume e dos elementos característicos das construcións históricas que ocupaban as parcelas e que na actualidade se atopan practicamente abandonadas.
Por ese motivo, constará de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que sumarán unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería. Estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.