Así, un equipo de 12 profesionais sanitarios -médicos e enfermeiras de Medicina Intensiva- desprazouse este martes a tres facultades do Campus da Universidade de Vigo: á Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, á de Minas e Enerxía, e á de Ciencias Experimentais, nas que desenvolveron sesións teóricas e prácticas para dar a coñecer a un cento de participantes as nocións básicas da reanimación cardiopulmonar.
O principal obxectivo destes obradoiros é dar a coñecer a cadea de supervivencia incidindo nos tres primeiros eslabóns. A mensaxe é sinxela: cómo reiniciar un corazón en tres pasos: comproba – que o paciente non responde e non respira; chama- pide axuda correctamente (112 ou 061); e comprime, inicia a masaxe cardíaca de xeito continuado e coa técnica correcta.
A principal causa de paro cardíaco, xeralmente de aparición repentina e inesperada nunha persoa que aparentemente atópase sa e en bo estado de saúde, é o infarto agudo de miocardio, que provoca una fibrilación ventricular (arritmia que ocasiona que o corazón perda a súa capacidade de contraerse de forma organizada, polo que deixa de latexar e de bombear sangue cara todo o organismo). A persoa que sufre un paro cardíaco e non é atendida rapidamente pode morrer ao cabo duns minutos.
Segundo organismos internacionais, para que a supervivencia por paro cardíaco aumente, ao redor do 20% da poboación debería estar formada en técnicas de Resucitación Cardiopulmonar, o que no noso país equivale a formar a nove millóns de persoas.
Os chamados “eslabóns da cadea de supervivencia” son a alerta precoz aos servizos de urxencias, o comenzo das manobras de Resucitación Cardiopulmonar básica, seguido de desfibrilación precoz e rematando co apoio cardiovascular avanzado, prestado polos servizos de urxencias e emerxencias. En España, o segundo eslabón, o inicio de manobras de RCP polas testemuñas, segue sendo débil, e só se fai nun de cada cinco pacientes. Por isto, é necesario mellorar a resposta ante esta situación, e a educación nesta materia á cidadanía é un punto clave para acadalo.
Así pois, considerando que a supervivencia de moitas vítimas depende da Reanimación Cardiopulmonar e da desfibrilación precoz, e tendo en conta que a intervención dentro dos 3-4 primeiros minutos pode aumentar as posibilidades de supervivencia a máis do 40%; de aumentar a porcentaxe de persoas que aprenden e inician as medidas de RCP poderíanse salvar 100.000 vidas en Europa cada ano. Ademais, os primeiros minutos son fundamentais non só para a supervivencia senón para reducir as secuelas.
Sinalar, por último, que o servizo de Medicina Intensiva do CHUVI está a levar a cabo un programa de formación desde hai anos, acreditado, dirixido aos profesionais sanitarios e non sanitarios, sendo un obxectivo do mesmo facelo extensivo a outros colectivos sociais e profesionais como aos estudantes, policías, funcionarios, etcétera.