Trátase dunha ferramenta que permite o acceso gratuíto a guías, protocolos, fórmulas e cálculos que se requiren no tratamento do paciente cardiovascular, desde a inmediatez de calquera smartphone ou tableta (IOS,Android). Segundo afirman os coordinadores deste proxecto, Enrique García Campo y Emiliano Fernández Obanza, “levamos desenvolvendo esta aplicación desde hai tres anos coa colaboración dun equipo de enxeñeiros, e agora é cando realmente pódese dicir que está xa perfeccionada. É un resumo actualizado e práctico que permite ao médico que está na consulta un acceso rápido e sinxelo á información para aclarar calquera dúbida en relación a atención cardiovascular”.
A aplicación vai dirixida fundamentalmente a cardiólogos e médicos de atención primaria, aínda que tamén resulta de interese a aqueles outros especialistas que manexan pacientes cardiolóxicos como internistas, pneumólogos, anestesistas, etcétera.
Seccións
O aplicativo está estruturado en diferentes seccións: unha Sección xeral, que permite a realización de cálculos de risco cardiovascular, como o índice de masa corporal ou de superficie corporal, introducindo os datos do paciente; a de é Insuficiencia Cardíaca; a Cardiopatía Isquémica; Dislipemias; Arritmias (indicacións de marcapasos e desfibriladores ou fármacos para os tratamentos das taquicardias e bradicardias); e a de Fibrilación Auricular (indicacións de anticoagulantes orais).
Precisamente, segundo os datos de utilización de App , a Fibrilación Auricular é un dos menús máis consultados e recibe máis de 2000 visitas mensuais.
Difusión internacional
O aplicativo encóntrase publicado en ambos markets (Playstore e Applestore) e conta xa con máis de 10.000 usuarios activos en diferentes países, sobre todo en Latinoamérica.
“Tivo moi boa acollida- explica García Campo- é curiosamente ten gran presencia en países como México; a última estatística dispoñible aporta unha valoración moi positiva, de 4,4 puntos sobre 5 puntos”.