Este foi o obxectivo da xornada que organizou o servizo de Aparello Dixestivo, en colaboración co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e que estivo a cargo do doutor Eduardo Albéniz, do Complexo Hospitalario de Navarra, experto en estas técnicas, e da doutora Pamela Estévez, facultativa do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).
A xornada asistiron uns quince especialistas de Galicia e do norte de Portugal, que puideron coñecer de primeira man as técnicas avanzadas para o tratamento endoscópico de dúas patoloxías de esófago: o divertículo de Zenker e a Achalasia.
“Son dúas enfermidades pouco frecuentes, pero cuxo tratamento por vía endoscópica é mellor para o paciente xa que evita a cirurxía, que é a alternativa que existe agora para tratalas, pero que non resolve todos os casos”, explica a doutora María Luisa de Castro Parga, adxunta do servizo de Aparello Dixestivo e unha das coordinadoras da xornada.
Consolidación
A iniciativa persegue consolidar en próximos anos este tipo de xornada formativa no hospital vigués. Segundo o xefe de servizo, doutor Rodríguez Prada, “o Hospital Alvaro Cunqueiro conta cunhas instalacións e un equipamento endoscópico de alta calidade, e ademais está en fase de crecemento polo que contamos poder implementar estas e outras técnicas proximamente”.
De levarse a cabo a iniciativa, o CHUVI sería o primeiro complexo sanitario do Servizo Galego de Saúde en realizar estas técnicas de forma habitual, sempre tendo en conta que as patoloxías non son excesivamente frecuentes.
O servizo de Aparello Dixestivo do CHUVI conta agora con 19 facultativos especialistas en endoscopias, 4 médicos en formación e imparte docencia a estudantes de Medicina da Universidade de Santiago.
O nivel de actividade do servizo é moi alto e se realizan no hospital vigués unhas 15.000 exploracións endoscópicas anuais tanto diagnósticas como terapéuticas.