O acto consistiu nunha sesión clínica, dirixida sobre todo a informar os pacientes, que presentou o xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, e que estivo moderada polo reumatólogo do Chuvi, José María Pego. Na sesión abordáronse temas relacionados con esta patoloxía, a cargo de facultativos e enfermeiras do Servizo de Reumatoloxía, así como especialistas do Servizo de Oftalmoloxía. A visión do paciente correu a cargo da portuguesa Ana Vieira, que forma parte do Comité Sjögren Europa.