Coa actuación na Unidade de Mama vaise ampliar, mellorar e integrar nun único servizo todos os recursos diagnósticos da mama da área de Vigo, tanto os de cribado poboacional como os de diagnóstico hospitalario. Esta Unidade cambiará de emprazamento trasladándose a planta -1, a uns espazos que duplicarán á superficie dos actuais, pasando de 400 metros cadrados aos 860 da nova localización. Ademais, integrarase na mesma zona o Programa Galego de Detección Précoz do Cancro de Mama que vense desenvolvendo na Casa do Mar de Vigo.
No seu programa funcional, a nova Unidade contará cun acceso directo desde o exterior, e distribuirase en tres áreas diferenciadas conforme a súa actividade asistencial. Na primeira das zonas, habilitarase unha ampla sala de espera e consultas para tres cirurxiáns e dous profesionais de enfermería. A seguinte será a área de exploración de pacientes, na que localízase o equipamento tecnolóxico -tres ecógrafos, un mamógrafo e unha mesa de estereotaxia-. Ademais, contará cunha área administrativa, con cinco salas de informes, dous despachos, sala de estar, e unha sala de xuntas.
As instalacións do Programa de Detección Precoz terán unha distribución e dotacións que permiten o seu funcionamento de forma independente do resto da Unidade, pero coa vantaxe de encontrarse integrado dentro da mesma. As súas instalacións disporán dunha ampla sala de espera, con aseo público para as usuarias, dúas salas de informes, cabinas, dous mamógrafos e un despacho.
Area pediátrica en Medicina Nuclear e máis consultas para Radioterapia
Outro dos servizos que vai experimentar unha adaptación funcional é o de Medicina Nuclear, que ampliará as súas dependencias para centralizar toda a actividade asistencial e mellorar o circuíto dos fluxos de usuarios, diferenciando os de adultos dos pediátricos, e habilitando unha área específica de espera para os nenos, con aseos propios. Ademais, mellorarase tamén as condicións de intimidade dos pacientes.
En relación coa ampliación da Unidade de Oncoloxía Radioterápica, cabe subliñar que vai experimentar un incremento dotacional importante, con máis habitacións e consultas. Así , tendo en conta o aumento do volume de pacientes a tratar, dótase da terceira habitación de terapia metabólica e de dúas novas habitacións de braquiterapia. Ademais, ampliase con 8 novas consultas e con áreas específicas para o emprazamento das Unidades de Física Médica e Dosimetría.