Nun comunicado posterior ás novas protestas que levou a cabo este martes o persoal de enfermería, tamén criticou fortemente ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, por recibir pola mañá a unha representación sindical dos Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE).
“Lamentamos profundamente a utilización que se está a facer por parte do alcalde de Vigo dun conflito laboral deste estilo, cometendo unha grave irresponsabilidade ao alentar actitudes que poñen en risco a seguridade dos pacientes ou chamar directamente á insubordinación contra todo criterio normativo. Sorprende sobremaneira que ningún dos profesionais da área sanitaria que teñen acadado éxitos nacionais ou internacionais fosen recibidos en audiencia nin teñan sido merecentes do máis mínimo recoñecemento por parte do señor Caballero”, expresa o Sergas no seu comunicado.
Ademais, a dirección do Álvaro Cunqueiro asegura que entende “toda reivindicación laboral” coma “lexítima” pero pediu aos traballadores que as fagan “a través das canles establecidas”. Deste xeito, solicitan que non se volva incorrer en actos “que comprometan o normal funcionamento do hospital”.