A doutora de familia Nieves Turienzo vén de ser elixida presidenta para España de Médicos del Mundo, ONG coa que leva 15 anos colaborando e na que viña ocupando diversos cargos directivos. Na actualidade, esta médica traballa no centro de saúde de Baiona, desde onde seguirá compatibilizando esta actividade coa presidencia nacional da organización, que é un posto voluntario.
Na súa traxectoria profesional tamén traballou nas Urxencias Extrahospitalarias (PAC) de varios concellos da área sanitaria de Vigo e nas consultas ordinarias dos centros de saúde de Tomiño, Val Miñor e Mos.
Turienzo dirixirá en España unha ONG con máis de 60.000 socios. A nova presidenta de Médicos del Mundo que o seu obxectivo será “manter as liñas estratéxicas planificadas na organización adaptándoas á situación da Covid-19”. Neste senso, todos os proxectos tense axustado á pandemia e reorientados ás persoas en risco de exclusión social.