Os membros do comité organizador reuníronse co alcalde para informarlle sobre este encontro e Caballero brindouse a colaborar con eles xa que, segundo destacou, “trátase dun congreso de enorme envergadura que é moi benvido en Vigo tanto desde o ámbito turístico como desde o científico”.
O rexedor aproveito tamén a felicitar de novo ao colectivo por “o seu excepcional traballo no Marisquiño”.
Os organizadores da Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias? que acudiron a esta reunión son o presidente de Semes Galicia e vicepresidente de Semes Nacional, Manuel José Vázquez; o vicepresidente de Semes Galicia e vicepresidente do comité organizador do congreso nacional, Ángel Pichel; o tesoreso de Semes e vicepresidente do congreso, Pablo Pérez; así como os doutores Antonio Casal e María Teresa Maza.