Trátase da 89ª edición da reunión da Rede Europea de Investigación en Medicina de Familia (EGPRN), a máis importante de cantas celébranse en Europa relacionadas coa investigación en esta especialidade. De xeito paralelo terán lugar as XXIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e a XIX Xornada da Red Española de Atención Primaria (REAP). A sede será o Hospital Álvaro Cunqueiro.
A coordinadora da reunión, Ana Clavería, considera que “é importante para a nosa área sanitaria que este evento celébrese en Vigo, polo nivel de investigación que hai na Atención Primaria na EOXI viguesa e a implicación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) nela”.
A reunión estará orientada á participación, con debates abertos e tempo para establecer ás bases de futuros proxectos multicéntricos e internacionais. Como actividade de promoción da saúde, estáse a organizar una andaina polo Camiño de Santiago da Costa nos días previos ao congreso.
O lema da reunión será “Medicina de Familia e comunidade: investigación sobre servizos de saúde, melloras de calidade e formación”. Pese a súa priorización aos procesos comunitarios, haberá cabida para todo tipo de investigacións con Atención Primaria como eixo, de médicos, enfermeiras, farmacéuticos e outros investigadores.
A previsión é que ao evento de Vigo asistan ao redor de 150 facultativos de diferentes países europeos. As comunicacións da reunión serán elixidas entre os mellores resumos que se envíen á organización. O prazo para presentar os devanditos resumos conclúe o próximo 15 de xullo.
“Por ese motivo aínda non se poden coñecer as persoas concretas que presentarán as comunicacións na reunión. Só hai dúas que si son fixas. Unha delas é unha especialista irlandesa e o outro é Jordi Varela, especialista en Medicina de Familia e experto en xestión sanitaria”, explica Ana Clavería.
Máis de 120.000 médicos de familia europeos
A rede europea forma parte da Organización Mundial de Médicos de Familia. A rama rexional desta organización, WONCA Europa, é a sociedade académica e científica europea máis importante para a medicina xeral e medicina familiar. Representa a 47 organizacións membros e a máis de 120.000 médicos de familia que traballan en países europeos. Dentro dela hai varias ramas específicas, unha das cales é a EGPRN, que se dedica á investigación.
A Rede Europea de Investigación de Medicina de Familia, cuxa reunión anual celebrarase en outubro en Vigo, é unha organización de médicos de familia e outros profesionais da saúde involucrados na investigación en Atención Primaria e Medicina de Familia.
O seu obxectivo é proporcionar unha contorna adecuada para discutir e desenvolver a investigación nese nivel asistencial; fomentar e coordinar estudos multinacionais, intercambiar experiencias e desenvolver unha base científica validada para a práctica xeral.
Ademais, EGPRN tamén ofrece aos médicos de familia a oportunidade de reunirse con colegas estranxeiros que promoven á colaboración e facilitar estadías en centros de prestixio en outros países.