O proxecto consiste en que familias con persoas con discapacidade ou mobilidade reducida poidan facer senderismo a través dos montes de Vigo. Os interesados solicitarán unha cadeira de rodas que levará aparellados dous porteadores e un guía que lles explicará temas vencellados coa interpretación do patrimonio natural e artístico do monte. Para este Camiño a camiño adaptado, o Concello conta con tres cadeiras de rodas, dous delas propiedade municipal e unha terceira doada pola Naviera Mar de Ons, un xesto que o rexedor agradeceu «pola súa sensibilidade».
Os porteadores, segundo explicou, serán xogadores e xogadoras do equipo Vigo Rugby Club masculino e feminino que recibirán unha remuneración por este servizo. O conxunto do orzamento deste programa ronda os 11.000 euros.