Este grupo, coordinado polas TCAEs (Técnicas de Coidados Auxiliares de Enfermaría) Montse Álvarez e Carmen Pellitero está composto por 13 profesionais de diversas categorías, xa que tamén participaron profesionais de enfermaría, celadores e mesmo o xefe do servizo de Urxencias, Luis Amador.
Na presentación do calendario, presidida polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, tamén contouse coa presencia da presidente de Adrovi, Celso García e a de Asotrame, Cristina Piñeiro .
Unha das coordinadoras, Carmen Pellitero, explica que “o éxito do pasado ano foi abrumador e tivemos que lanzar unha segunda edición de calendarios, xa que solamente na primaria semana vendéronse un millar deles; este ano esperamos superar as expectativas dado as solicitudes de reservas que xa tivemos estes días, aínda antes da súa presentación oficial”.
En canto á dirección artística, este ano a estética elixida para as fotografías foi o Steampunk “xa que buscamos algo orixinal, distinto e que chamara a atención , polo que o vestiario, a maquillaxe, os complementos e a ambientación están inspirados neste movemento”, expresou a coordinadora artística deste proxecto, Montse Álvarez.
Tratase dun movemento artístico e sociocultural con elementos comúns da ciencia ficción ou a fantasía cuxas temáticas amosan unha tecnoloxía anacrónica ou invencións futuristas. As sesións fotográficas realizáronse no Parque ‘El Pasatiempos’ de Betanzos e no propio hospital Álvaro Cunqueiro.
Pola súa banda, Félix Rubial felicitoullas publicamente e puxo en valor a xenerosidade e compromiso solidario dos profesonais da sanidade pública, xa que “facedes posible non só tratar enfermidades, senón tamén coidar ás persoas e que os nosos centros sanitarios leven moito de vosos corazones”.
Para desenvolver este proxecto foi necesaria a colaboración desinteresada de distintos profesionais, como a do fotógrafo Kike Pérez e as supervisoras do hospital, Rosa Morais -que foi nomeada madriña do calendario- e Montse Correa.
Polo de agora editáronse millar e medio de calendarios, pero estas previsións xa superan todas as expectativas dado as solicitudes de reservas que xa tiveron estes días, aínda antes da presentación pública do mesmo.
No transcurso da presentación, ambas profesionais explicaron o titulo do calendario, ‘Amanecer’ e dixeron que fai referencia a unha das frases máis repetidas no entorno da Oncoloxía Infantil xa que cando os nenos, despois da quimioterapia, atópanse mal e pasan mala noite, o persoal sanitario sempre comenta “a ver como amañece mañá…”. “Sempre esperamos a un novo amencer, á esperanza doutro día máis gañado á enfermidade”.