O Concello de Vigo pediu este luns a implicación da cidadanía coa campaña solidaria ‘Un neno, un sorriso’, promovida pola Asociación de Bombeiros de Vigo en colaboración coa Asociación Veciñal Praza da Miñoca. O alcalde da cidade, Abel Caballero, animou a participar nesta iniciativa solidaria que busca que ningún menor se queda sen agasallo este Nadal.
Abel Caballero promocionou a campaña xunto á concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, e unha representación da Asociación de Bombeiros de Vigo. “Quero agradecer e recoñecer o xesto de xenerosidade coa cidade dos bombeiros”, declarou.
Os xoguetes novos poden depositarse desde este luns 5 de decembro e ata o próximo 2 de xaneiro en dous puntos de recollida: o Parque Central de Bombeiros de Vigo, na rúa Angel de Lema e Marina 46, e a Asociación Veciñal Praza da Miñoca, situada na rúa Luís Ksado 12. O material recollido será distribuído pola Concellería de Benestar Social entre as familias da cidade.
Así, esta campaña está pensada tamén para o día de Reis. Súmase deste xeiro a outras como ‘Cada neno, un xoguete’, que está máis enfocada cara o día de Nadal porque recolle artigos ata o 22 de decembro en quince puntos de Vigo.