A festa solidaria de Máis que Auga de Navia adicou o torneo de pádel ó Banco de Alimentos de Vigo, ó que se lle entregarán os máis de 500 quilogramos de alimentos recollidos grazas á solidariedade dos asistentes. Esta fin de semana máis de douscentos deportistas participaron en mini-torneos para tódalas categorías e niveis, nos que o custe da inscrición era de un quilogramo de comida non perecedeira para o Banco de Alimentos.
Durante estos dous días, xunto á competición houbo unha pista aberta con monitores para aquelas persoas que se achegaron ata Navia co desexo de iniciarse no pádel.
O torneo permitiu o contacto cos clientes e futuros usuarios interesados en coñecer o novo complexo deportivo, grazas a un punto informativo que estaba instalado a carón das pistas.
Máis que Auga Navia será o centro deportivo privado máis grande de Vigo, con aparcamento para socios, 8 pistas de pádel cubertas e panorámicas, sala de fitness de 1.000 metros cadrados, salas de actividades, zona de lecer infantil, cafetería…
Con esta actividade estréase o complexo de pádel, pero para coñecer a totalidade do centro haberá que esperar ata despois do verán.