Con esta idea, o 3 de outubro terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’ ás 21:30 horas no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro. O sábado, día 5, ás 16:30 horas dende a Praza do Concello partirá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completando a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.
Ese mesmo día e ata o venres desenvolverase a ‘V Ruta dos Pinchos do Tinto Rías Baixas’, na que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo tapa e viño a un prezo de 2,5 euros.
O sábado 12 chegará o día central da cita deste ano, que empezará ás 10:30 horas coa apertura da Festa. Ás 13:00 horas a actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez lerá o pregón e abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.
O programa completo e os locais que participarán na ruta de pinchos poden consultarse no arquivo adxuntado neste artigo.