A Deputación de Pontevedra adxudicou este ano, de novo polo sistema de poxa pública, a colleita de uva á adega Quinta das Eiras. A oferta presentada pola empresa fora de 1,15 euros (incluído IVE) por quilo de uva albariña e de 0,95 euros (tamén incluído IVE) para os outros tipos de uva (hai que lembrar que o ano pasado, por primeira vez, na vendima as uvas foron separadas por variedades).
A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, animou entón aos visitantes do Castelo a que pasasen polos viñedos “porque ver a recollida da uva é algo marabilloso; no castelo de Soutomaior é coma un soño”.
Esta fortaleza da Idade Media, que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que ocupan catro das 33 hectáreas de extensión do Castelo, datan do ano 1984.