Entre as propostas culinarias pódense atopar clásicos como o rabo de touro estufado do Mesón Mondariz, opcións veganas como a tarta da horta do Pantera, elaboracións creativas coma o mexillón sobre patacadèle do Café Bar Adèle ou o wrap de El Ultramarino. A meirande parte das tapas que se ofrecen elabóranse con produtos aptos para celíacos
A oferta de tapas centrarase nos venres e sábados de novembro entre as 19.00 e as 23.00 horas cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros. Os clientes recibirán unha papeleta e por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concorrer a un sorteo que este ano repartirá catro cheques de compra no comercio local por importe de 100 euros cada un e ademais, como novidade, unha cesta de produtos valorada en 150 euros.