A ración para degustar na propia festa, incluíndo o viño, o pan, o prato e a cunca conmemorativas, terá un prezo de 8 euros, podendo tamén levar os callos en tarteira a casa a 6 euros a ración. Ademais, por terceiro ano, na festa serviranse tamén callos sen glute para que as persoas celíacas non deixen de gozar do evento. Os callos estarán acompañados por un tinto Sousón de Señorío de Rubiós, cuxa adega contará cun posto que venderá outros caldos da súa produción.
Paco Lodeiro será o encargado de dar o pregón da festa o domingo ás 12.00 horas para logo volver subirse ao escenario ás 21:00 horas para participar como vocalista na recuperada Orquestra Sur.
Serán ademais os primeiros ‘callos en igualdade’ dentro da campaña ‘Agresión off’ con actividades toda a xornada e establecendo a igualdade como un dos eixos fundamentais neste mandato no Concello.