Durante estes tres días nos postos situados no Paseo Fluvial poderanse probar, dende 2 euros, preto de 50 tipos de cervexa artesás elaboradas por Menduíña de Cangas, Skynet de Ourense, The One Beer de Madrid e Sanxenxo, Castreña de Ponferrada, O Corvo de Vila Nova de Arousa, Go! de Madrid e Belecker de León. Os camións de comida participantes ofrecerán hamburguesas, comida alemá e mexicana e filloas.
Entre as actividades previstas haberá un espazo dedicado a xogos populares de madeira coma a ra, a pica, o peixe, a chave, o aro… e tamén están previstos distintos obradoiros infantís. A música estará presente na sesión Beer-Mú e cos concertos que ofrecerán os grupos Losto Kinski, Esquecidos e Los Pontiaks. Na xornada do domingo elixirase a mellor cervexa, a mellor etiqueta e o mellor ‘foodtruck’ presente no festival.
A programación é a seguinte:
Venres
- Ás 18.00 h Inauguración do festival
- Ás 18.30 h Apertura da zona de xogos populares
- Ás 19.00 h Actuación dun dj
- Ás 21.00 h Concerto do grupo Losto Kinski
- Ás 00.00 h Peche
Sábado
- Ás 12.00 h Apertura dos postos
- ÁS 12.30 h Apertura da zona de xogos populares
- Ás 13.00 h Sesión “Beer-Mú”
- Ás 19.00 h Obradoiro para nenos e nenas “Pintacaras”
- Ás 22.00 h Concerto do grupo tudense Esquecidos
- Ás 01.00 h Peche do festival
Domingo
- Ás 12.00 h Apertura dos postos
- ÁS 12.30 h Apertura da zona de xogos populares
- Ás 13.30 h Sesión “Beer-Mú” co grupo Rona
- Ás 20.30 h Concerto do grupo Los Pontiaks
- Ás 22.30 h Concurso á mellor etiqueta do festival
- Ás 22.35 h Concurso á mellor cervexa do festival
- Ás 22.40 h Concurso á mellor food truck do festival
- Ás 23.00 h Entrega de premios aos cervexeiros
- Ás 23.00 h Clausura do festival