Máis de 10.000 visitantes e parte das súas existencias esgotadas. Este é o balance provisional de Vegana 2021, a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia foi clausurada este domingo. «As cifras superaron as nosas expectativas máis optimistas», manifestaron as organizadoras do evento, polo que consideran «que, unha vez feito o balance, comezaremos a traballar na próxima edición seguindo a liña que marcamos desde o principio: un evento aberto, familiar e inclusivo dirixido a todo tipo de xente comprometida coa alimentación, o medio ambiente, os animais e o planeta, en definitiva».
En total, 121 marcas de alimentación, cosmética, artesanía, moda, calzado vegano, así como food trucks e servizos relacionados coa sostibilidade poboaron parte dos 6.000 m2 dun recinto que por momentos parecía quedar pequeno para a gran acollida amosada por parte do público asistente.
Pola súa banda, os escenarios que ocuparon outra parte dese espazo, acolleron alternativamente charlas, conferencias, debates e showcookings, algún deles dirixido especialmente ao sector hostaleiro. E é que outra das grandes apostas da organización era ofrecer boas e variadas alternativas vexetais aos locais de restauración.